More than 5.000.000 Books

We Know How To Make Your Life Awesome

Search result for Antón Riveiro Coello


Antón Riveiro Coello Download List at this site help visitor to find best Antón Riveiro Coello book By provides Antón Riveiro Coello detail list, visitor can compares many Antón Riveiro Coello book, Simple Click on download button for free download or read online, below we provides Antón Riveiro Coello Download List.

Antón Riveiro Coello List:


  • Os elefantes de Sokúrov (Literaria)

    Os elefantes de Sokúrov (Literaria)

    En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera....

    Buy at Amazon EUR 22,32 Download Free Today
  • A ferida do vento (Literaria)

    A ferida do vento (Literaria)

    En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza....

    Buy at Amazon EUR 13,77 Download Free Today
  • As rulas de Bakunin (Literaria)

    As rulas de Bakunin (Literaria)

    Premio García Barros 2000 As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona....

    Buy at Amazon EUR 16,15 Download Free Today
  • Á sombra dos bonsais (Literaria)

    Á sombra dos bonsais (Literaria)

    Non sempre as grandes historias precisan de moitas palabras. Velaquí o punto de partida desta nova achega narrativa de Antón Riveiro Coello, que propón un xogo literaria para contarnos o mundo con textos cada vez máis miúdos. Nesta disposición en árbore, coas pólas baixas máis grandes cás do cumio, os relatos vanse reducindo en extensión pero non en intensidade. Ese é un dos maiores engados do libro, a eficacia coa que o autor da Limia elabora historias enormes coa suxestión de textos a cada volta máis pequenos. Esa capacidade de concentración expresiva dos relatos, que xa nacen no título, remata case sempre con finais que provocan en quen le un sorriso, ou un abraio. Orixinalidade, concisión e un pulso coa narrativa curta que anima a ler o libro duna sentada....

    Buy at Amazon EUR 14,25 Download Free Today
  • A voz do lago (Árbore)

    A voz do lago (Árbore)

    En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago....

    Buy at Amazon EUR 9,02 Download Free Today
  • Homónima (Literaria)

    Homónima (Literaria)

    A través da Internet, un escritor descobre que existe alguén en México co seu mesmo nome e apelidos. Arrastrado por unha curiosidade adoecida, decide viaxar á afastada aldea de Tzataplán. Alí, nunha atmosfera de violencia e misterio, reconstruirá a identidade dese ser homónimo. Cun ritmo narrativo vertixinoso, que non dá acougo, Antón Riveiro Coello penetra nos segredos da ficción nunha novela que en 1999 obtivo o Premio Alvaro Cunqueiro e da que é protagonista o escritor Suso Paradela, personaxe de A quinta de Saler e Os ollos de K. Unha aventura que transcorre en México, nun ambiente de misterio e violencia primitiva....

    Buy at Amazon EUR 16,15 Download Free Today
  • Laura no deserto (Literaria Book 302) (Galician Edition)

    Laura no deserto (Literaria Book 302) (Galician Edition)

    Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea....

    • Binding: Versión Kindle
    • Product Group: Libro digital
    • Product Type Name: ABIS_EBOOKS
    • Manufacturer: Editorial Galaxia
    • Release Date: 2012-04-26
    • Edition: 1
    Buy at Amazon Download Free Today
  • Laura En El Desierto (Mar Maior - Literaria)

    Laura En El Desierto (Mar Maior - Literaria)

    En Santiago de Compostela, un intelectual enfermo, incitado por la morfina, le espeta a su hijo una frase que oculta un misterio. Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, intenta cuidar a su amigo Bernie, que trató de suicidarse. En un psiquiátrico, una mujer lleva meses sin pronunciar más palabra que el murmullo de una canción... Laura en el desierto es una novela que entra en el alma de los personajes para hablarles a los lectores con una voz intensa sobre la identidad, la culpa, el amor y la libertad....

    • Binding: Tapa blanda
    • Product Group: Libro
    • Product Type Name: ABIS_BOOK
    • Manufacturer: Mar Maior
    • Release Date: 2014-10-17
    • Edition: 1
    Buy at Amazon EUR 26,60 Download Free Today
  • A quinta de Saler (Literaria)

    A quinta de Saler (Literaria)

    Finalista Premio de Narrativa Torrente Ballester 1998 Ese é o punto de partida co que o autor constrúe unha novela orixinal e ben tramada, escrita cun sorprendente dominio da linguaxe literaria e as técnicas narrativas. A quinta de Saler, de Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964), foi obra finalista da décima edición do premio Torrente Ballester de Narrativa....

    Buy at Amazon EUR 14,44 Download Free Today
  • Acordes náufragos (Literaria)

    Acordes náufragos (Literaria)

    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN:978-84-9865-497-4'); Este libro recolle nove relatos escritos en diferentes épocas da vida do autor. Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha nena con Valle-Inclán. Relatos todos eles que ofrecen una visión imaxinativa e sensible de seres solitarios, anainados polo pano de fondo dunha música que, coma unha orquestra líquida, ergue una voz fonda, abisal, capaz de chegar aos lugares máis ocultos dos soños....

    Buy at Amazon EUR 13,30 Download Free Today